O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE DATA 09/09/2021
2. Expediente 3007/2021. Peche e Liquidación do Orzamento. CONTA XERAL 2.020 3. Expediente 3474/2021. Modificación de Créditos. MODIFICACION DE CREDITOS
3. ORZAMENTO 2021, NUM. 9/2.021, REDUCCIÓN DE INVERSIONES IMPORTE 226.182,06 EUROS, DEBIDO A LIQUIDACION 2.020 CON REMANENTE DE TESORERIA NEGATIVO.
4. Expediente 3553/2021. Modificación de Créditos.MODIFICACION CREDITOS ORZAMENTO 2021 NUM. 10, E EXPEDIENTE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITO 1/2021, SUPLEMENTOS DE CREDITO CON CARGO A REMANENTE LIQUIDO TESORERIA 2020, REGULARIZAR SALDO 413, IMPORTE 119.102,01 EUROS.
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación o peche e liquidación da conta xeral orzamento 2020, quedando aprobado este punto por 12 votos (7 PSdG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.
Por outra banda, o pleno tamén aprobou, por 12 votos (7 PSdG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, o expediente de redución de gastos do orzamento vixente mediante baixas por anulación para financiar o remanente de tesouraría negativo que resulta da liquidación do Orzamento do exercicio 2020, por importe de 527.331,23 euros, de acordo co seguinte detalle, entendo que estas baixas non afectan o funcionamento normal dos servizos que presta a Corporación, xa que se trata de inversión e non de gasto corrente:
A diferencia que resta por compensar do total do remanente de tesoureira negativo do ano 2.020, e que ascende a 301.149,17 Euros, será tida en conta na elaboración do orzamento do ano 2022, para aprobalo con este superávit inicial, dado que se estima que non é posible neste ano 2021 máis redución de gastos, sen que afecte o funcionamento normal dos servizos nin a inversións necesarias neste orzamento.
Por último, acordouse na sesión, por 12 votos (7 PSdG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos, num. 1/2021, por importe de 119.102,01 euros -das facturas detalladas no mesmo- do ano 2020, así como levantar o reparo de intervención para todas estas facturas. |