O Concello de Verín abre oa tráfico rodado a nova ponte de Queizás Imprimir
Xoves, 28 Outubro 2021 14:05

 O Concello de Verín vén de abrir a tráfico rodada na nova ponte de Queizás.

Este novo viario perimetral ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro urbano de Verín, especialmente os camións que circulan con destino o polígono de Pazos (uns 600 vehículos diarios, aproximadamente), reducindo significativamente as emisións contaminante

A primeira fase de esta actuación supuxo un investimento total de 1 millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e 200.000 euros corresponden a fondos propios municipais.

O Concello de Verín encóntrase actualmente traballando na segunda fase do proxecto que, cunha inversión de 700.000 euros, consiste na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos.