VERÍN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Imprimir
Xoves, 25 Novembro 2021 10:33

 Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Verín súmase a campaña “Recicla o Machismo” contra a violencia de xénero realizada polo CIM da Mancomunidade de Municipios de Verín

Lembra que hoxe, ás 12.00 horas, tes unha cita pendente na Praza do  Concello de Verín para a lectura do Manifesto contra a violencia de xénero.

Ademais, a Campaña de Sensibilización #ReciclaOMachismoXaNonVale sairá hoxe  as rúas para facer entrega de 400 bolsas con este lema na #ConcentracionDo25N e 1.000 pegatinas.

Queres a túa? O #25N poderás conseguila!

Unha bolsa para conter os #feminismos e a #igualdade tódolos días do ano!