O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os Maios 2022 Imprimir
Martes, 05 Abril 2022 11:39

 Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos, que se rexerá polas seguintes BASES:


.- Nesta concentración non competitiva poden inscribirse, no Concello de Verín, antes do día 25 de abrilcentros de ensinoinstitucións; e asociacións da comarca de Verín, rexistradas.

.- Os maios participantes colocaranse no Parque da Alameda, o día 1 de maio, nos lugares que a organizacióndetermine, das 10 h até que remate a festa.

.- Os maios artísticos e enxebres terán que ir recubertos na súa totalidade con elementos naturais (xestas, carrabouxos, flores, madeiras, etc). Os maios do alumnado de Educación Infantil, exteriormente, utilizarán materiais de refugallo.

.- Como axuda para as custas de montaxe do maio, a cada asociación que concorra á concentración e cumpra coas Bases entregaráselle 120 coplas. Como excepción, aos centros de ensino, polas características específicas das comunidades educativas, entregaráselle copla para o arquivo e unha cantidade en metálico de 200 €, que será de 250 euros se o centro presenta, ademais do maio artístico ou tradicional, un maio feito por alumnado de Educación Infantil.

.- As coplas serán elaboradas polos grupos  participantes, segundo as directrices seguintes:

A.- A copla non terá menos de 16 estrofas de catro versos nin máis das que, nunha tipografía lexíbel, se poidan reproducir nun DIN A4 impreso a unha cara. Para a estrutura da redacción da copla aconséllase que as estrofas se agrupen segundo a temática que desenvolvan.

B.- O colectivo redactor responsabilízase da autoría do textoO Concello, que non realizará ningunha revisión do texto previa á impresión (agás que o colectivo redactor o solicite expresamente), aconsella que se coide tanto a estrutura literaria como a corrección idiomática.

C.- O texto enviarase a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes das 12 h do xoves día 27 de abril.

D.- Das coplas farase unha edición única e conxunta con obxectivos culturais e sociais. Para a tratar de obter os fins sociais, as doazóns que se recaden no reparto de 800 exemplares destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emergencia en Ucrania, para o que animamos ás persoas que queiran colaborar a faceren doazóns por transferencia bancaria nas contas:
ES65 0182 2370 41 0010033337 (BBVA)  e ES84 2100 5731 70 0200224381 (CaixaBank).

.-A interpretación destas Bases, a admisión de participantes e as decisións sobre calquera extremo non regulamentado son un dereito exclusivo do Concello de Verín.