“Kotodama teatro” estréase por primeira vez cun innovador espectáculo itinerante Imprimir
Sábado, 09 Abril 2022 11:41

 Kotodama, o grupo de teatro do actor e director verinés, Santi  Cañaveral, vén de estrear, nun bar da vila, un novo espectáculo itinerante baseado na improvisación pura e na interacción constante co público. Esta iniciativa está enmarcada dentro do curso de Teatro do Concello de Verín.

Segundo destacou Cañaveral, o novo show tivo unha gran acollida entre o público asistente debido ao seu carácter innovador. «A idea é realizar unha xira por todos os bares de Verín variando o seu espectáculo, dun a outro, para que sempre exista o efecto sorpresa para o público».

Despois dunha realizar unha gala na que tanto o público como os actores e actrices de Kotodama foron os protagonistas, Santi Cañaveral explica cales serán os seus seguintes obxectivos: «Pretendemos ser a primeira escola de teatro profesional rural da provincia de Ourense. Teño a firme convicción de que a linguaxe foi creado para mentir, aínda que en ocasións poden verse escintileos de verdade. Iso é o que tentamos ensinar en escena. Que dunha gran mentira pode existir a verdade».

Kotodama teatro

Kotodama é un proverbio xaponés que significa: espírito da linguaxe ou palabra da alma. Tanto a improvisación, coma a dirección ou a linguaxe corporal son temas fundamentais nas clases de Santi Cañaveral, que resultan na deconstrución persoal de cada un dos seus alumnos e alumnas.

O grupo de teatro Kotodama imparte as súas clases no Pavillón Municipal de Verín. Os interesados en inscribirse no curso teatral poden facelo chamando ao teléfono 600 234 318.