Contos do Circo Imprimir
Mércores, 11 Novembro 2009 11:43

O próximo sábado 14 de novembro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organizará unha actividade lúdica e cultural adicada ao mundo circense, na que se realizarán manualidades, xogos e contacontos.

‘Contos do Circo’, enmarcada dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo, está destinada a 20 nenos/as, con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e empadroados/as no Concello de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.