Dez colectivos elaboran, altruistamente e con fins sociais, coplas para “os Maios” de Verín Imprimir
Xoves, 28 Abril 2022 10:49

 Segundo confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, este ano son dez os colectivos redactores das tradicionais coplas dos Maios. O exemplar venderase a 2 euro e o diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emerxencia na Ucraína”.



Os colectivos que están a elaborar coplas son os seguintes: CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, CRA Monterrei, Colexio Apostólico Mercedario, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, IES Xesús Taboada Chivite, Asociación Verinense de Amigos da Música, ANPA do Conservatorio de Música de Verín e Asociación de Mulleres Rurais "Flor da Xesta".


Ademais dos colectivos redactores da copla, participantes no Certame Enrique Gómez Pato, está previsto que sume un maio do Centro de Día Solleira de Verín. Tanto o Colexio Rural Agrupado Monterrei como o CEIP Princesa de España prevén presentar dous maios, un do alumnado de educación infantil de cada un ambos os dous centros, polo que os dez centros, asociacións ou institucións participantes "plantarán", se non hai ningunha alteración á última hora, unha ducia de maios na Alameda de Verín.