Cursos de danza oriental Imprimir
Xoves, 12 Novembro 2009 12:25

O Concello de Verín promove a realización de cursos de iniciación e perfeccionamento de danza oriental, destinada a nenos con idades comprendidas entre 6 e 12 anos e a poboación adulta.

Neste cursos, que durarán ata o mes de xuño, impartiranse coñecementos técnicos de danza oriental, diferentes ferramentas de baile, música e coreografía. Realizaranse nas instalacións do Pavillón de Deportes, todos os venres, no seguinte horario: infantil (18.30 a 19.30 horas), iniciación adultos (19.45 a 21 horas) e perfeccionamento adulto (21 a 22.30 horas).

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Pavillón de Deportes (de 10 a 13.30 e de 17 a 20 horas) ou chamar ao teléfono 689-310894.