AEVER presenta a campaña “Eu merco en Verín“ Imprimir
Mércores, 15 Xuño 2022 12:47

 O día 1 de xullo de 2022, a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER)  dá o pistoletazo de saída á tempada de verán do comercio local de Verín cunha gran festa pensada para o desfrute da súa clientela.

Así o confirmou na presentación oficial da iniciativa o presidente de AEVER, José Ángel  Rodicio, quen estivo acompañado polo concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo; o presidente de  AEVER, Santos Álvarez e Alejandra Vega, traballadora en prácticas de fin de ciclo de administración.

Segundo explicou o presidente de AEVER, José Ángel Rodicio, esta campaña, que conta coa colaboración do Concello de Verín, nace con finalidade de «animar as rúas de Verín, que se sinta en cada rincón da nosa vila a ledicia coa que damos a benvida ó verán. É un verán no que deixamos atrás dous anos nos que gracias a cada cliente e clienta que apostou polo noso comercio, saímos máis reforzados como colectivo e como pobo».

Pola súa banda, Manuel Lorenzo, quixo agradecer á Asociación de Empresarios o labor que desempeña co comercio local na nosa vila, cumprindo un papel esencial para dinamizar, xunto ás institucións, a actividade comercial, a economía e o emprego en Verín".

Onde se celebra a Festa "Eu Merco en Verín” ?

A campaña ten como obxectivo fomentar a mobilidade por todo a vila, por iso haberá 10 puntos estratéxicos que cobren case toda a vila, onde se ubicarán xogos inchables:

  • Cruce Avenida Luís Espada /Avenida de Sousas
  • Pavillón dos deportes
  • Rúa Deputación
  • Praza da Mercé
  • Correos
  • Praza do Concello
  • Cruce principal (Avenida Luís espada/Avenida de Portugal)
  • Praza García Barbón ( 2 inchables)
  • Parroquia
  • Avenida Luis Espada

 

Como podo  acceder aos inchables?

Garda os teus tíckets de compra dende hoxe ata o 1 de xullo para canxealos por unha pulseira de acceso ós inchables, na praza do Concello dende as 10:00 poderás presentar os teus tíckets de compra dos comercios asociados para intercambialos por unha pulseira que che servirá de acceso ós inchables coas seguintes condicións.

Tamén poderás reservar o acceso aos inchables nesta mesma web.

 

3 tíckets + 5 euros: unha pulseira para acceder libremente aos inchables en horario de mañá: de 11:00 a 13:30 ou en horario de tarde: de 17:30 a 20:30h

3 tíckets + 7 € = unha pulseira para acceder libremente aos inchables durante todo o día: de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:30h.


Algunha dúbida?

Se tes algunha pregunta fala con calquera dos comercios asociados, que che explicarán encantados como desfrutar moitísimo desta gran festa!


A festa... #EuMercoenVerín