Mesa de Concertación do Plan de Programación do Tempo na Cidade Imprimir
Sábado, 14 Novembro 2009 12:31

Tras a realización dunha primeira mesa informativa, realizada o pasado 4 de novembro, as concellerías de Igualdade e Benestar Social, seguindo ás directrices marcadas pola Lei 2/2008,do 28 de marzo do Traballo en Igualdade dás Mulleres de Galicia., e en sintonía co que xa se fai noutros municipio, programa unha mesa de concertación do Plan de Programación do Tempo na Cidade,  para o próximo o día 17 de novembro, ás 20 horas, no salón de actos da Casa da Cultura.

Na mesa de concertación participarán diferentes entidades, empresas e asociacións do municipio, e poderán concorrer ata dous representantes de cada un dos suxeitos convocados -neste caso deberá ser unha deberá ser un home e outra unha muller, agás no caso de asociacións de mulleres-.

O obxecto desta mesa, presidida pola concelleira María Corona Meixeira Romasanta e coordinada por Femuro (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense en Verín), é identificar necesidades e demandas sobre usos do tempo e conciliación, que se terán en conta no Plan de Programación do Tempo na Cidade.