Tarde de fitness na Praia Fluvial |
|
Martes, 19 Xullo 2022 13:04 |
Este Xoves 21 na Praia Fluvial poderedes gozar dunha tarde de exercicios e fitness ao aire libre. A sesión será ás 20:30 e gratuíta, só precisades de vos apuntar en masdeporte.laregion.es
Da man do xornal La Región, a monitora de fitness Paula Cao achegarase ata Verín para acompañarnos nunha sesión de exercicio físico á beira do Támega.
Esta clase está pensada para todas as idades e para pasar un tempo divertido en familia, á vez que traballamos o noso corpo. Os participantes levarán de agasallo unha camiseta deportiva. Achegádevos!
|