O Concello de Verín presenta o programa da Batucada 2022 Imprimir
Xoves, 21 Xullo 2022 12:37

O 29 e 30 de xullo, Verín recupera a súa tradicional Batucada. Segundo confirmou esta mañá Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos. Serán dúas xornadas repletas de música, auga e diversión para toda as idades. 




Venres 29 de xuño

A festa comeza ás 11:00 horas co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” que este ano, con temática McDonald´s, fará un percorrido circular desde o CEIP Amaro Refojo por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón. Rematarán con música e baile xa tradicional “Festa Infantil Da Ludoteca” no citado centro escolar.

Pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas, os máis pequenos gozarán cunha gran festa de inchables de terra e auga coa “Festa Infantil na Praia Fluvial de Verín coa animación musical a cargo de Saudeter. O acceso as actividades será de carácter gratuíto.

Xa na noite do venres (23:30 – 3:00 horas) a Praza García Barbón contará co animación musical de Enjoy Eventos e coa actuación de SkaloPndras (01:00h) grupo de versións de Manzaneda formado a raiz do confinamento.

Sábado 30 de xullo

O sábado, como non podería ser doutra maneira, a auga e a espuma serán os principais protagonistas da batucada. Entre as 17:00 a 19:00 horas , celebrarase na Praza García Barbón  a gran “Festa da escuma e da auga”.  Este ano, o evento contará coa animación musical a cargo de A Gramola e do artista Internacional Groove Amigos. Este enérxico dj está a revolucionar a escena musical mainstream en España. André Vázquez tivo un soño e comezou a traballar coma se non houbese un mañá. Viaxa polo mundo actuando como DJ e facendo gozar ao público cos seus sets. O seu descaro sobre o escenario e a súa interacción co público fixeron das súas sesións unha experiencia inesquecible.

Ás 19:00 horas, comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá da Praza Maior e continuará pola rúa da Cruz, Praza da Mercé, avenida Luís Espada, avenida de Portugal, rúa Montemaior Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza das batucadas Somdolilá (Santiago de Compostela), grupo de percusión feminista de mulleres que usan a música como ferramenta de sonoridade, alegría e loita;  e Os Queimatasas (Poio), Batucada pontevedresa composta por una decena de músicos aos que lles encanta a música e a marcha, demostrándoo en todas e cada unha das festas e espectáculos nos que tocan.

A partir das 23:30 horas, a Praza García Barbón contará coa animación de A Gramola. Posteriormente, o broche musical correrá a cargo do grupo Maldito Murphy, (1:00h) unha banda de pop rock orixinaria de Vigo. Creada en 2015, gravaron dous discos: Non Eramos Tan Cegos (2017) e o seu último lanzamento Horizontes (2020), no cal colaborou o gran Mikel Erentxun. A festa prolongarase ata as 3:30 horas da madrugada do domingo da man de A Gramola.

Segundo explicou Somoza, esta ano manterase de novo o acordo habitual cos hostaleiros para evitar o conflitivo uso de vasos de cristal na Batucada e evitar altercados. «ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico».

Emilia Somoza confirmou tamén que, a partir da próxima semana, estarán á venda nos bares da Praza García Barbón as camisetas, mochilas e fundas impermeables oficiais da batucada 2022 cos seguintes prezos:

  • Camisetas: 15 euros
  • Fundas impermeables: 3 euros
  • Mochilas: 5 euros

Chamamento ao uso responsable de auga

Actualmente, explicou Somoza, atravesamos unha tempada de condicións climatolóxicas adversas. A pesar de que as  secas forman parte desta época do ano, o  cambio climático agravou a severidade e a frecuencia das mesmas, provocando tamén un desastre sen precedentes en forma de lumes descontrolados. «Sabemos que a auga é ou espírito principal desta festa; é por iso que manteremos un mínimo de litros para que os asistentes podan gozar desta popular celebración; sempre –aclarou- priorizando, coma non podería ser doutra maneira, o noso compromiso co medio ambiente».