Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2022-2023 das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín Imprimir
Martes, 02 Agosto 2022 11:38

A área de Deportes do Concello de Verín  informa que xa está aberto o prazo de inscrición para as disciplinas de  Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.


Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.

 AS CATEGORIAS POR IDADES SON AS SEGUINTES

  • XUVENÍS (NENOS NADOS NOS ANOS: 2004-2005-2006)
  • CADETES (NENOS NADOS NOS ANOS: 2007-2008)
  • INFANTÍS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2009-2010)
  • ALEVÍNS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2011-2012)
  • BENXAMÍNS (NEN@S NADOS NOS ANOS 2013-20114)
  • PREBENXAMÍNS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2015-2016)
  • BIBERÓNS (NEN@S NADOS N0S ANOS: 2017-2018)

DOCUMENTOS A ENVIAR:

- FICHA DE INSCRICION TEMPORADA 2022-2023 (REENVIAR FIRMADA POR EMAIL)

- PROTECCION DE DATOS (REENVIAR FIRMADA POR EMAIL)

- XUSTIFICANTE DE PAGO CUOTA 150€, NA CONTA DE ABANCA:  ES32 2080 5168 1830 4002 3726
  IMPORTANTE: QUE APAREZCA O NOME DO NEN@, REENVIAR O EMAIL

- REGULAMENTO DAS EDC VERIN (ESTO E PARA QUE SE QUEDEN CON ELA OS NEN@S)