Actualización de información referente ao Incendio Forestal declarado hoxe en Verín Imprimir
Mércores, 03 Agosto 2022 21:41

Incendios Verín  Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, actualizamos os últimos datos referentes ao incendio forestal declarado hoxe en Verín ás 14:52 horas en tres focos simultáneos, polo que todo apunta a unha clara intencionalidade:



  • Reaberto o tráfico na A-52 e na N-525
  • Declarada situación 2 como medida preventiva pola proximidade a diversos núcleos de poboación
  • 10 focos de lume
  • 470 Ha queimadas

Desde o Concello queremos agradecer, e mandar todo o noso apoio, a todas e cada unha das persoas e brigadas que nestes momentos atópanse traballado para frear esta catástrofe.