A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informa das axudas para permisos de conducir, clase B, C e D |
Mércores, 28 Setembro 2022 12:28 |
Desde a oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informan que a partir de mañá e ata o 28 de outubro as mozas e mozas poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B (turismo), tipo C (camión) ou tipo D (autobús). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que ten como principal finalidade promover a autonomía e a empregabilidade da mocidade. A Xunta de Galicia engade como novidade nesta convocatoria as axudas para a consecución do permiso de bus. Así, para a obtención do carné de clase B, o importe da axuda será de 400 euros; de 650 euros para o de clase C, o de camión; e de 1300 para o de tipo D, autobús. Requisitos No momento de presentar a solicitude, os interesados deberán ter máis de 18 anos (sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D), estar empadroados na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén, e como novidade para abarcar o máximo de tempo posible deben ter obtido o permiso entre o 1 de decembro de 2021 e a data da presentación. Deste xeito, a orde de axudas do ano que vén incluirá o período restante de 2022 e collerá o novo do ano en curso. As solicitudes teñen que se presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Prazo e forma de presentación As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentación que debe presentarse coa solicitude
|