O Auditorio de Verín acolle a representación do musical “La Granja” Imprimir
Mércores, 02 Novembro 2022 11:43

 O 18 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación do musical “La granja”, un divertido espectáculo familiar baseado nos debuxos de “La granja de Zenón”.


O Musical “La granja” é un musical para nenos e adultos no que toda a familia cantará e bailará, a través dun número musical interpretado por 6 actores en directo que permitirá participar a todos os asistentes.

Nesta ocasión, Susanita e Juan, pasarán unha fin de semana na granxa do seu tío, onde aprenderán moitas de cousas como a importancia de coidar e alimentar aos animais, protexer o medio ambiente e sobre todo, o verdadeiro significado da amizade.

Á parte de todo isto, coñecerán a moitos dos personaxes da granxa, como o galo, o cabalo ou a vaca entre outros moitos máis, que nos farán rir, xogar e bailar para xuntos poder resolver o pequeno problema causado pola inesperada visita do Lobo Feroz á granxa, onde os máis peques da casa serán os verdaderos protagonistas desta aventura.

Entradas á venda (12 euros) en woutick.es.

Colabora Concello de Verín.