O Salón de actos da Casa da Cultura acolle a presentación da novel "No meio das sombras, de Marcos J. S. Barroco" Imprimir
Mércores, 02 Novembro 2022 16:55

Mañá xoves 3 de novembro, ás 19:30 horas, o salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da novela «No meio das sombras» de Marcos J. S. Barroco, Edições Esgotadas 2022.
Sinopse: Avanzar no medio das sombras é típico dos valentes e este libro é unha enorme metáfora do peso da vida no medio das sombras. Un thriller moi cerrado, estilo serie B, esconde o profundo sentido da vida. A ler coa maior atención
https://www.edicoesesgotadas.com/cat.../no-meio-das-sombras/
Marcos J. S. Barroco (1981) é natural de Chaves, cidade onde reside. Licenciado en Dereito pola Universidade de Coímbra, exerce funcións nos servizos xurídicos do Municipio de Chaves. Integra o Despacho de Estudos da Asociación de Traballadores da Administración Local (ATAN), acollida en Santarém, onde participa, de forma regular, na elaboración de estudos xurídicos, artigos científicos e de opinión, seminarios e debates xurídicos.

A par do exercicio de funcións profesionais, mantén unha forte conexión coa cultura e a arte, pasando pola música, onde editou e lanzou un álbum coa banda Limbo (Black Gold – 2014).
Apaixonado pola escrita, tense aventurado polos dominios da ficción e da literatura infantil. No medio das Sombras é a primeira obra que dá ao prelo.

Casado e pai de dous nenos (a Ana Lía e o Luís), encontra na familia a súa maior forza e fonte de inspiración.