Castañas gratis e foliada na Praza García Barbón de Verín Imprimir
Luns, 07 Novembro 2022 10:26

 O vindeiro sábado, 12 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila.


Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Verín e do grupo de pandereteiras As Travesas de A Mezquita.