Pleno Extraordinario Urxente Imprimir
Luns, 19 Decembro 2022 15:39

Pleno do Concello O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:


1. RATIFICACIÓN DA URXENCIA DA CONVOCATORIA
2. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 18/11/2022
3. Expediente 5599/2022. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos
4. Expediente 5598/2022. OPERACIÓN DE CRÉDITO A LONGO PRAZO 1/2022


Tras aprobar con 12 votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e  5 BNG) e  4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión extraordinaria urxente, quedando ratificada por unanimidade.

Por outra banda, aprobouse por  12  votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e  5 BNG) e  4 en contra do Partido Popular o  recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a gastos procedentes do exercicio 2021, no orzamento xeral municipal para o presente exercicio 2022, por un importe total de 2.064.058,95 euros; levantándose así o reparo de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas.

Por último, o pleno tamén aprobou -por  12  votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e  5 BNG) e  4 en contra do Partido Popular - unha operación de crédito a longo prazo, por un valoer de 1.200.000 euros, que estará destinada a financiar o plan de investimentos municipais do ano 2022.