Espectáculo pirotécnico no parque de Fontenova de Verín Imprimir
Venres, 24 Marzo 2023 13:39

Este sábado, ás 23:59 horas, o Concello de Verín organiza no marco das festas o Lázaro un espectáculo de fogos de artificio. O mesmo terá lugar no Parque de Fontenova.


Ven a gozar, dá man da Pirotecnia Xaraiva, dun espectáculo único e exclusivo!!!!


Recomendacións para os espectadores

  • A estrada de acceso ao Auditorio Municipal de Verín (Camiño vello do Balneario de Sousas) estará cortada ao tráfico rodado.
  • Os fogos artificiais poden ser perigosos se non se seguen as medidas de seguridade.
  • É convinte acudir con antelación suficiente, polo menos uns 15 minutos antes.
  • Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ó lugar dende onde se están lanzando os fogos. De feito, a mellor vista dos fogos artificiais é a 200 metros de distancia ou moito máis alá.
  • No caso de acudir con nenos pequenos (non levar nunca bebés con carriños, etc.) é conveniente chegar pronto para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior comodidade.
  • No caso de sentirse mal (lipotimias, mareos...) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, acudir ós membros de Protección Civil/Asistencia Sanitaria que se sitúan dentro do recinto e ó longo da barreira de seguridade.
  • Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, si estamos situados na dirección do vento, que caian restos de cinsa. No caso de introducirse nos ollos, convén enxaugarse con auga abundante e non restregarse.
  • Aínda que é raro que ocorra, se un artificio pirotécnico cae ó chan sen estoupar preto de ti, non se debe tocar, nin empurraralo co pé ( xa que se pode reactivar e explosionar ). Hai que avisar inmediatamente a persoal de seguridade: Policía, Protección Civil, Bombeiros. Nunca o manipules.
  • Deixar as mascotas en casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e solen ser moi desagradables para eles, en especial para os cans.
  • Evitarase circular e aparcar vehículos nas proximidades. Ningún vehículo dificultará o paso dos servizos de emerxencia.