Pleno Extraordinario Urxente | 13 de abril Imprimir
Xoves, 13 Abril 2023 12:34

O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:

  1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria urxente de data 08/2/2023.
  3. Expediente 1309/2023. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
  4. Expediente 330/2023. Aprobación da conta xeral do exercicio 2021.
  5. Expediente fact-2023-836. Levantamento de reparo de legalidade 7/2023.

Tras aprobar con 12 votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión extraordinaria urxente, quedando ratificada por unanimidade.

Por outra banda, aprobouse por 12 votos a  favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 en contra do Partido Popular o recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a gastos procedentes do exercicio 2022, no orzamento xeral municipal para o presente exercicio 2023 (prorrogado do 2022), por un importe total de 2.621.586,49 euros; levantándose así o reparo de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas.

Por último o pleno tamén aprobou -por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 en contra do Partido Popular – a aprobación da conta xeral do exercicio 2021 e o levantamento de reparo de legalidade referente a compra dun vehículo de segunda man que, cun importe de 36.300 euros, estará destinado ao Servizo de Recollida de Residuos Municipal.