CERTAME DE RELATO CURTO ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ Imprimir
Venres, 28 Abril 2023 11:25

Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.



 

BASES:

 

1.ª Poderán participar persoas matriculadas en Primaria ( ou ),  ede ESO, de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín.

 

2.ª relato será orixinal, inédito, con tema e estilo libre, escrito en galego; presentarase cun título e un pseudónimo; a extensión non superará os 2800 caracteres (un DIN A4, escrito por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, marxes estándar [2 cm] e un entreliñado de espazo e medio).

3.ª A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de 3 relatos, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.

 

4.ª Cada un dos relatos preseleccionados en cada centro enviaranse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , antes das 12 h do día 5 de maio, en ficheiro en formato PDF que se denominará co PSEUDÓNIMO (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO).

 

5.ª Xurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.

 

6.ª Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.

 

7.ª En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros ( premio), 60 euros ( premio) e 30 euros ( premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

 

8.ª Concello de Verín resérvase o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica. As persoas autoras e as que legalmente as representen asinarán para iso unha declaración de responsabilidade acreditativa de que as obras son orixinais e inéditas; e autorizarán, de maneira expresa, para que, tanto na totalidade como parcialmente, o Concello de Verín (que respectará os dereitos morais das persoas autoras) as poida reproducir, comunicar e distribuír, en calquera forma ou soporte, para todo o mundo e mentres estea autorizado pola lexislación vixente. Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos.

 

9.ª Para incentivar a lectura e escritura en galego, os centros radicados no concello de Verín, en cada un dos niveis que presenten tres traballos preseleccionados que cumpran as Bases, recibirán un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros. Os centros radicados noutros concellos da comarca, se o seu concello apoia esta proposta, comodiscriminación positiva, por ter un número moito menor de persoas matriculadas, recibirán un bono 20 de euros por traballo preseleccionado.

 

10.ª organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros participantes.