Reforma, ampliación e instalación de placas solares na Piscina Climatizada de Verín Imprimir
Venres, 04 Decembro 2009 13:43

A Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración co Concello de Verín, executará as obras de reforma e ampliación da Piscina Climatizada de Verín, cuxo orzamento ascende ao medio millón de euros.

Trátase dunha ampliación do edificio existente para a construción dunha sala de actividades, nun novo piso superior, e un núcleo de escaleiras e ascensor que comunique as tres plantas. Na actualidade o edificio conta con dúas plantas. Na de acceso, que é a principal, atópase o recinto das piscinas e os vestiarios e debaixo desta están outras dependencias como as salas de ximnasio, jacuzzi ou sauna, entre outras. “Unhas instalacións, as situadas na planta de abaixo, que non estaban incluídas no proxecto inicial, e que grazas a xestión do goberno popular conseguimos que a empresa ás executase”, recoñeceu o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán.

A construción desta sala de actividades, de usos múltiples, permitirá “ampliar o número de cursos e prazas, segundo nos demandaron os verinenses”, asegurou o rexedor. Ademais, a colocación do ascensor facilitará que todas as plantas sexan accesibles para as persoas con discapacidade física e “continuará coa nosa labor de cumprir todas as peticións dos veciños, como a realizada de instalar unha grúa no vaso da piscina para que a xente con mobilidade reducida poida acudir a ela”, puntualizou Jiménez Morán. Con todo, esta reforma tamén inclúe o arranxo da fachada, paneis de aluminio, repintado de paredes do interior, substitución do cadro eléctrico, instalación dun sistema de megafonía e dotar ao edificio dun novo sistema de recollida de augas pluviais.

Por outra banda, a través do proxecto transfronteirizo E-Sol, e cun orzamento de 120.000 euros, se disporán 150 metros cadrados de paneis solares para apoio no arrequecemento de auga de subministro nos vestiarios e vaso da Piscina Climatizada e no Pavillón Municipal de Deportes. A disposición destes paneis, unido á capacidade de almacenamento de catro novos depósitos acumuladores permitirá conseguir un aforro de 14.732 quilogramos de propano comercial como combustible, uns 14.000 euros no custo, o que supón un 26,,% anual na factura de consumo de propano; e na expulsión á atmosfera de 40.514 quilogramos de dióxido de carbono. “Unha medida que permitirá reducir o consumo enerxético, en consonancia coa nosa política de aforro, e que tamén se efectuará na zona polideportiva de A Granxa”, manifestou Jiménez Morán.