Videoconferencia con Papá Noel Imprimir
Xoves, 10 Decembro 2009 10:07

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o 14 de decembro, ás 11.30 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei.

Nesta actividade, que vinculará o Nadal coas novas tecnoloxías, participan a Dirección Xeral de Comunicación e a rede de Telecentros de Galicia, entre os que se atopa o de Cidades Dixitais do Concello de Verín.

O remate da mesma, a Biblioteca Pública Municipal organizará contacontos e manualidades para os/as rapaces/as, que teñen unha menor posibilidade de acudir a estas instalacións municipais por cuestións xeográficas.