A Asociación Ruta do Viño de Monterrei inicia as súas actividades de promoción e visibilidade Imprimir
Venres, 15 Xaneiro 2010 12:36

Na próxima semana, a Asociación Ruta do Viño de Monterrei, conformada por representantes do sector público, vitivinícola, agroalimentario e turístico da comarca de Verín-Monterrei quedará constituida legalmente e comezará as súas actividades de promoción e visibilidade.

A Asociación Ruta do Viño de Monterrei quedou constituida polas adegas Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Madrevella S.L., Abeledo, Viña Lara, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Pazo Blanco, Boo Rivero S.A.T, Chicheno S.L.U., Pazo de Valdeconde, Vía Arxentéa, Restaurante Lugano, Restaurante Brasil, Restaurante O Candil, Casa Rural Retiro do Conde, Parador de Turismo de Monterrei, Asociación de Empresarios de Verín (Aever), Asociación de Empresarios de Hostelería da Comarca de Monterrei (Aecom), Asociación de Empresarios e Hostelería Conso-Frieiras, Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e Concello de Verín.

Os principais obxectivos desta asociación, situada no ámbito territorial da D.O. Monterrei, serán a promoción das adegas e viños, a enoloxía e o enoturismo, a promoción turística e económica da comarca, o fomento das actividades culturais, deportivas e gastronómicas,  así como a xeración de material informativo e a posta en valor das rutas de sendeirismo.