Cursos de formación para o certificado de Lingua Galega Imprimir
Luns, 18 Xaneiro 2010 09:43

Até o día 9 de febreiro, o Concello de Verín abre un período de inscrición en cursos de formación para a obtención dos certificados de lingua galega. A inscrición é gratuíta. Os interesados só deberán presentar o DNI, para fotocopia, e cubrir un formulario de solicitude.

Recoméndase que, antes de facer a solicitude por escrito para os niveis 2, 3 ou 4, os interesados se informen no propio Concello dos coñecementos previos que se requiren.

Os cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato.

A duración dos cursos é de 75 horas teórico-prácticas. Os cursos capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Se superan as probas, entrégaselle unha certificación oficial avalada pola Consellería de Educación que acredita o nivel de formación superado. Ese certificado é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de documentar currículos.