Contos de Inverno Imprimir
Martes, 19 Xaneiro 2010 12:36

Os vindeiros días 23 e 30 de xaneiro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a iniciativa ‘Contos de Inverno’, enmarcada dentro da programación de actividades destinada ao fomento da lectura, pola que a Biblioteca de Verín resultou premiada nas campañas de animación á lectura ‘María Moliner’.

Contacontos, manualidades ou xogos serán algunhas das actuacións programadas en ambas xornadas e destinadas a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.