Éxito da segunda edición de Ludonadal Imprimir
Mércores, 27 Xaneiro 2010 12:13

Un total de 162 nenos/as participaron na campaña ‘Ludonadal’, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), co fin de incentivar o comercio tradicional durante as vacacións de Nadal. 


Entre os días 23 de decembro e 9 de xaneiro -de 10 a 14 e 16 a 20 horas- nenos con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos participaron neste proxecto, resultado dun convenio asinado entre AEVER e o Concello de Verín, que buscaba incentivar a promoción do comercio local, proporcionando aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións e facilitar a conciliación do tempo libre dos pais co coidado dos seus/súas cativos/as. 

A suma total dos tickets relativos ás compras realizadas polos/as pais/nais para xustificar a presenza dos seus cativos/as na actividade, ascendeu a un total de 14.827,60 euros. A elevada presencia de nenos/as en todas as actividades programadas -como por exemplo, obradoiros de globoflexia, reciclaxe, animación á lectura, actuacións musicais ou contacontos- supuxeron un gasto medio por neno/a de case 100 euros (97 €), e unha media diaria de 1.300 €, polo que o balance para a entidade municipal, nesta segunda edición, continúa sendo positiva.  


Desde o Concello de Verín agradécese a AEVER a boa acollida de Ludonadal que redundou en beneficio de todos, e ambas entidades indican que estudarán repetir esta iniciativa nos meses de verán, debido ao éxito da mesma e as demandas efectuadas polos comerciantes de Verín.