Contos das Criaturas Misteriosas Imprimir
Luns, 08 Marzo 2010 12:27

O vindeiro sábado 13 de marzo, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Contos das Criaturas Misteriosas’, enmarcada dentro da programación de actividades destinada ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca.

Xogos, manualidades e contacontos de dragóns, gnomos ou pantasmas serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.