Feira de Cans de Caza Imprimir
Luns, 15 Marzo 2010 14:02

O próximo 20 de marzo, o recinto da Lonxa Agropecuaria de Verín acollerá unha exposición de cans de caza, desde as 10 ás 14  horas.

Nesta mostra participarán un total de 20 expositores con máis de 250 cans de caza menor, pluma e caza maior, que optarán a trofeos aos mellores exemplares en todas as categorías.

Esta iniciativa, que se celebra por segundo ano consecutivo, encádrase nas actividades programadas para a Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.