I Encontro Musical Vila de Verín Imprimir
Luns, 15 Marzo 2010 14:04

Durante os días 20 e 21 de marzo, a localidade de Verín acollerá o ‘I Encontro Musical Vila de Verín’, enmarcado nesta edición da Feira do Lázaro.

Nesta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Verín, participarán as charangas Xente Nova, Támega, Monterrei e Penas Ceibes (todas de Verín), Corxa de Gaitas Airiños Galegos (Santurce), Banda de Gaitas do Concello de Verín e Banda Musical de Vila Verde da Raia (Portugal).

O ‘I Encontro Musical Vila de Verín’ desenvolverase na xornada do sábado 20 de marzo, entre as 19 e 21.30 horas, e o domingo 21 de marzo, de 12 a 14 horas; e cada formación percorrerá diferentes rúas do centro histórico da localidade co obxectivo de aportar a nota musical desta Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.