Fernando Barreira conmemora os seus 30 anos expositivos con ‘Consecuencias’ Imprimir
Xoves, 25 Marzo 2010 12:26

O artista verinense Fernando Barreira inaugura o 25 de marzo a exposición ‘Consecuencias, 1980/2010 Trinta anos de obsesións’, no Museo Principal de Ourense.

Esta mostra conformada por 62 obras entre pintura, escultura en bronce e collage conmemora os trinta anos artísticos deste autor ourensán, que expuxo por primeira vez no colexio Irmáns La Salle de Verín, durante as festas do Lázaro, cando tiña 16 anos. Devandita exposición percorre, que estará aberta ata o 2 de maio, percorre cronoloxicamente todas as súas épocas artísticas, con especial fincapé nos anos 2007, 2008 e 2009, incluíndo catorce óleos e grupos escultóricos e un debuxo a tinta de 1980.