Contos da Primavera Imprimir
Luns, 05 Abril 2010 10:13

O sábado 10 de abril, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos da Primavera’, enmarcada dentro do programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca.

Contacontos, manualidades e confección dun mural coa temática da natureza e a primavera serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.