Axudas ás empresas cualificadas como Iniciativas Locales de Emprego (ILES) Imprimir
Martes, 25 Maio 2010 13:56

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES).

A finalidade é fomentar e promover na Comunidade Autónoma de Galicia a creación de empresas innovadoras, económica e financieramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego nos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

As entidades beneficiarias poderán ser empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego.

Os tipos de axuda son: subvención á creación directa de emprego estable, subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación, apoio á función gerencial, subvención financiera e axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.