Obradoiro ‘O meu mundo en inglés’ Imprimir
Luns, 14 Xuño 2010 13:51

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín promove a iniciativa ‘O meu mundo en inglés’, unha serie de actividades encamiñadas a iniciar, dende unha perspectiva lúdica, unha aproximación á lingua inglesa.

As actividades realizaranse entre o 1 de xullo e 31 de agosto, de luns a venres, en horario de 10 a 13.30, e nelas o inglés e os xogos serán os elementos fundamentais para aprender expresións de modo didáctico e divertido. Ademais, durante a realización desta actividade de ocio vacacional, destinada a nenos/as entre 8 e 14 anos, organizaranse actividades complementarias como piragüismo, hípica, cine, xogos acuáticos na piscina, rutas de sendeirismo, xogos por ordenador ou creación de cómics en inglés, entre outras.


O custo desta actividade é de 100 euros e o prazo de inscrición comeza o próximo 16 de xuño, na Oficina de Información Xuvenil (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11-), ata cubrir as 30 prazas.