Actividades lúdico-deportivas 2010 Imprimir
Martes, 15 Xuño 2010 13:26

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa para os próximos meses as seguintes actividades:

- Obradoiro de Hip-Hop: o vindeiro luns 21 de xuño, entre ás 18 e 19 horas, no Pavillón Municipal de Deportes. Esta actividade gratuíta está dirixida aos/ás estudantes/as de secundaria e bacharelato e a aos/as seguidores/as do hip-hop. Na mesma un grupo especialista compartirá con todos/as os/as asistentes demostracións de rap, break dance, scratch, bailes e graffitis. Tamén se efectuará unha referencia á historia e evolución do movemento hip-hop e impartiranse clases para aprender técnicas e pasos básicos.

- Escola de Verán: desenvolvemento de actividades deportivas e lúdicas que promoven a convivencia entre os/as nenos/as das seguintes idades:
• Do 2 xullo ao 31 de agosto.
• Grupo Xeral (4 a 14 anos): luns, mércores e venres, de 10.30 a 13.30 horas.
• Grupo Fútbol-Sala e Fútbol 7 (9 a 14 anos): martes e xoves, de 10 a 14 horas.
150 prazas: 100 do Grupo Xeral e 50 para os grupos de Fútbol-Sala e Fútbol 7.

- Excursións: organizadas co fin de disfrutar do medio acuático e das atraccións.
• Dun día de duración.
• As excursións prevista para o mes de xullo son:
o Bracalandia (15 de xullo).
o Aquapark de Cerceda (27 de xullo).
46 prazas en cada excursión, por orde de inscrición..

- II Torneo Base de Tenis ‘Concello de Verín’: no mes de agosto.

O
prazo de pre-inscrición para participar nestas actividades deportivas iníciase mañá 16 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes (de luns a venres: de 10 a 13.30 e de 17 a 20 horas). Os requisitos para efectuar a formalización da matrícula son fotocopia de empadroamento, fotocopia do DNI, folla de datos e folla de autorización para a Lei de Protección de Datos. No caso do Obradoiro de Hip-Hop non é necesario entregar toda a documentación anterior, só inscribirse nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes.