Punto Limpo: reparto de carteis informativos Imprimir
Martes, 03 Agosto 2010 13:23

O Punto Limpo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín amplía o horario de apertura ao público, tras a sinatura do convenio de colaboración coa Deputación de Ourense  para a prestación por parte desta do servizo de Punto Limpo.

O novo horario de devandito servizo, situado no Polígono Industrial de Pazos, será de 10 a 13.30 horas (de luns a sábado) e de 16.30 a 20.15 horas (de martes a sábado), o luns pola tarde permanecerá pechado.

O Concello de Verín, co fin de potenciar a utilización deste Punto Limpo de recollida de residuos domésticos especiais, elaborou e repartiu, en todo o municipio, carteis informativos en referencia ó novo horario de apertura.

O sistema de recollida do Punto Limpio é o seguinte: os/as veciños/as que queiran levar os seus residuos a este servizo teñen un horario máis amplo e os/as que precisen que lle sexa recollido poderán contactar co Concello de Verín onde se lle tramitará a solicitude.

Desde o Concello de Verín consideramos importante solicitar a todas as persoas que teñan que depositar residuos como colchóns ou electrodomésticos, entre outros, non os tiren nos montes nin os deixen o carón dos colectores. Mantendo unha conduta cívica é o único modo de manter limpo Verín.