1ª Xuntanza Motera Internacional en Verín Imprimir
Venres, 06 Agosto 2010 12:39

Na xornada de mañá, 7 de agosto, a localidade de Verín acollerá a 1ª Xuntanza Motera Internacional, na que participarán catrocentos motoristas procedentes de Galicia e o norte de Portugal.

A partir das 10 horas, no recinto da Lonxa Agropecuaria, iníciase o proceso de inscricións para os participantes nesta xuntanza, cun prezo de 15 euros por persoa. No mesmo lugar, ás 14 horas, realizarase un xantar popular para os presentes.

Ás 17 horas, os motoristas efectuarán unha ruta turística entre Verín e Laza, localidade onde se sorteará unha viaxe de fin de semana nun balneario para dúas persoas. A partir das 21.30 horas, cea motera nos restaurantes acreditados pola organización -Helvético, Vagalume, Lugano, Brasil, A Fonte, Támega, Estadio San Luis, Manchego e Hamburguesería Canasta-, e posterior saída nocturna polos diferentes pubs e bares da vila.