Segunda edición do Curso de Portugués Técnico Imprimir
Martes, 10 Agosto 2010 09:59

O Concello de Verín e a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil promoven a realización da segunda edición do Curso de portugués técnico, dirixido a mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).


Este curso gratuíto é de 100 horas de duración, terá lugar entre o 10 de setembro e o 7 de novembro de 2010, os luns, martes e venres de 17 a 20 horas. O número de prazas é limitado (18) e se seguirá unha estrita orde de inscrición

O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza Galego-Portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa, ou do seu futuro profesional e laboral.

Para máis información e inscricións deberán dirixirse á Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil (situada no segundo piso da Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11 bis-) ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo