Homenaxe a Ángel Barja no concerto de Santa Icía Imprimir
Venres, 26 Novembro 2010 12:05

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 27 de novembro, a partir das 19 horas, o tradicional concerto de Santa Icía do alumnado do Conservatorio Elemental de Música dedicado a Ángel Barja.

Neste concerto os alumnos e alumnas interpretarán temas de compositores como Mauro Giuliani, Antonín Leopold Dvo?ák, Petr Fedorovich Tchaikovsky, Robert Schumann, George R. Poulton, Johan Nijs, André Waignein, Richard Robger e Ángel Barja.

Ángel Barja Iglesias, músico sobranceiro dos nacidos na comarca de Verín e un dos compositores galegos máis importantes do século XX. Compositor con máis de cincocentas obras en catálogo, obtivo, entre outros, o Premio Nacional de Composición (1972 e 1984), o Premio Internacional de Composición (1972 e 1981), o Premio Cristóbal Halfter (1982) e o Premio Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada (1985).