Videoconferencia con Papá Noel Imprimir
Martes, 14 Decembro 2010 11:42

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza mañá 15 de decembro, ás 11.30 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as da Fundación Preescolar na Casa.

En devandita actividade, que vincula as novas tecnoloxías co Nadal, participan a
Dirección Xeral de Comunicación e a rede de Telecentros de Galicia, entre os que se atopa o de Cidades Dixitais do Concello de Verín.

O remate da mesma, a Biblioteca Pública Municipal organizará manualidades e contacontos para todos/as os/as rapaces/zas participantes.