O CRA Monterrei, gañador do concurso do cartel ‘Desfile de Nenos e Nenas’ Imprimir
Venres, 28 Xaneiro 2011 14:01

A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promoveu, por cuarto ano consecutivo, un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile de Nenos e Nenas”. Nesta edición participaron o CEIP Castrelo do Val, Colexio María Inmaculada e Colexio Rural Agrupado Monterrei. Cada un deles estivo representado por un máximo de tres traballos inéditos, orixinais e non premiados en ningún concurso anterior.


O xurado cualificador, composto por un representante de cada centro e por un membro designado polo Concello, escolleron tres carteis dos presentados - aos que lles outorgaron tres, dous e un punto-. Nesta ocasión o cartel participante que obtivo máis puntuación foi realizado polos/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei.

O premio consiste na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos do Concello de Verín-.