'Artesanía e Tradición', cartel gañador do Entroido 2011 Imprimir
Venres, 28 Xaneiro 2011 14:02

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou coa participación cidadá no proceso de selección. En devandito proceso participaron un total de 283 veciños/as que, previa presentación do DNI, puideron escoller tres dos vinte e dous carteis. Unha vez concluídos o período de votación, desde o 13 de decembro ao 08 de xaneiro, aos tres carteis que recibiron máis votos outorgáronselles seis puntos ao primeiro, catro ao segundo máis votado e dous ao terceiro, obtendo o seguinte resultado:

- 6 PUNTOS: CARTEL Nº 9   (“ARTESANÍA E TRADICIÓN”), que obtivo un total de 500 votos.
- 4 PUNTOS: CARTEL Nº 2   (“MÁSCARA E FARIÑA”), que obtivo un total de 454 votos.
- 2 PUNTOS: CARTEL Nº 11   (“UN CIGARRÓN ESTÁ FEITO DA MESMA MATERIA QUE OS SOÑOS”), que obtivo un total de 450 votos.

Posteriormente, o xurado cualificador composto por Manuela Sánchez -pintora-, Maritina Salgado -Asociación Valarte-, José Manuel González -presidente da Asociación O Cigarrón de Verín- e Carlos Folgoso -gañador do concurso na pasada edición- someteu aos tres carteis anteriores a unha segunda elección, outorgándolles as seguintes puntuacións:

-  4 PUNTOS: CARTEL Nº 9   (“ARTESANÍA E TRADICIÓN”)
- 3 PUNTOS: CARTEL Nº 11   (“UN CIGARRÓN ESTÁ FEITO DA MESMA MATERIA QUE OS SOÑOS”)
-  2 PUNTOS: CARTEL Nº 2   (“MÁSCARA E FARIÑA”)

Sumando os puntos do Xurado Popular e do Xurado Cualificador obtivéronse as seguintes cualificacións:

- CARTEL Nº 2   (“MÁSCARA E FARIÑA”): 6 PUNTOS
- CARTEL Nº 9   (“ARTESANÍA E TRADICIÓN”): 10 PUNTOS

- CARTEL Nº 11   (“UN CIGARRÓN ESTÁ FEITO DA MESMA MATERIA QUE OS SOÑOS”): 5 PUNTOS

Polo tanto, O CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO ENTROIDO 2010 É: Nº 9   (“ARTESANÍA E TRADICIÓN”), DE PEDRO SENÉN ARAÚJO VELASCO.