Dezaseis entidades transfronteirizas de España e Portugal terán unha soia voz diante das autoridades dos dous países e da Unión Europea Imprimir
Venres, 19 Xuño 2009 10:50
A fronteira hispano portuguesa, coñecida popularmente como “a raia”, terá unha soa voz diante das autoridades de España e Portugal coa creación, o vindeiro martes, 23 de xuño, da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas que se constitúe en Cáceres coa participación das dezaseis entidades transfronteirizas existentes a ambos lados da fronteira. Delas, cinco están situadas en Galicia e o Norte de Portugal.

O primeiro obxectivo da nova estrutura é a recuperación dos 600 millóns de euros perdidos dos fondos Interrreg no actual período de programación, con respecto a anterior.

A Rede Ibérica de Entidades transfronteirizas (RIET), que se constituirá mediante unha carta fundacional é a consecuencia máis inmediata das conclusións da Conferencia de Guimarães, organizada polo Eixo Atlántico e celebrada nesta cidade portuguesa no mes de febreiro.

O propio Eixo, a entidade trasfronteiriza máis antiga de España, xunto a TRIURBIR (Triángulo Urbano Ibérico Raiano) composto polos municipios de Cáceres e Plasencia, por parte española e Castelo Branco e Portalegre, pola banda portuguesa, entre outras entidades, han sido as impulsora da constitución de esta macro entidade trasfronteiriza que ofrecerá una soa voz diante das autoridades nacionais de España e Portugal, así como da Unión Europea.

Esta entidade ibérica configúrase como unha rede de entidades transfronteirizas de carácter local vocacionadas ao desenvolvemento local e rexional que traballan nas áreas fronteirizas de España e Portugal e que soportan problemas comúns. La importancia da RIET ven dada “pola necesidade de falar cunha soa voz cos estados español e portugués, e seren un interlocutor común e válido con Europa”, sinalou o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Mao sinalou que hoxe, os cidadáns de ambos países atravesan a liña da fronteira en fluxos pendulares para traballar ou estudar, “pero atopan limitacións como a ausencia de transportes públicos, a imposibilidade de recibir asistencia sanitaria sistemática na rede de hospitais do outro país ou os custes derivados das elevadas tarifas roaming nas comunicacións de telefonía móbil”.

O Programa de Cooperación Trasfronteiriza España-Portugal conta cunha dotación financeira de 354 millóns de euros, dos cales 267,4 (75,5%) son financiados a través do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Gabinete de Comunicación do Eixo Atlántico