1ª Convivencia das Forzas do Orde Público na Eurocidade Chaves -Verín Imprimir
Venres, 09 Xullo 2010 12:36

O complexo deportivo de A Granxa de Verín acollerá mañá 10 de xullo, a partir das 19 horas, a 1ª Convivencia das Forzas do Orde Público, organizada pola Eurocidade Chaves – Verín.

Na mesma participarán membros da Guardia Civil de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública, Guardia Nacional Republicana de Portugal e bombeiros de ambos lados da fronteira.

Esta convivencia, na que se disputarán varios partidos de fútbol, permitirá sentar as bases para a realización da segunda edición da ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’, onde participan todos estes corpos e forzas de seguridade do Estado. Unha semana na que través da realización de charlas-coloquios e xornadas prácticas, como exposicións, exhibicións de medios, teatro ou actividades con karts, móstranse actuacións conxuntas en materia de educación e seguridade viaria aos cidadáns das localidades de Verín e Chaves.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).