1ª Carreira Eurocidade Chaves-Verín 2009 Imprimir
Luns, 30 Marzo 2009 12:22
No ámbito do proxecto Eurocidade Chaves–Verín, ambos municipios organizan, para o próximo 10 de abril, a proba de atletismo 1ª Carreira da Eurocidade, co fin de promover o intercambio deportivo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese polo deporte e promover unha ocupación saúdable do tempo de lecer entre a “eurocidadanía”.

Devandita proba de atletismo, que pretende fixar unha cita anual entre os afeccionados ao deporte unindo os ambos concellos a través do percorrido da carreira, terá a súa saída, ás 10 horas, na localidade ourensana de Feces de Abaixo e finalizará na parroquia flaviense de Outeiro Seco.

Nesta 1ª Carreira da Eurocidade Chaves–Verín, tamén denominada XXI Carreira da Pascua e organizada en colaboración coa Casa da Cultura de Outeiro Seco, poderán participar atletas afeccionados o federados nas seguintes categorías de idades: Seniors M/F (ata os 34 anos), Veteráns I M/F (de 35 a 39 anos), Veteráns II M/F (de 40 a 44 anos), Veteráns III M/F (de 45 a 49 anos) e Veteráns IV M/F (de 50 anos en adiante). Con todo, tamén se organiza paralelamente á proba principal, e partir das 10.40 horas, probas específicas para as seguintes categorías: Benxamíns M/F; Infantís M/F; Iniciados M/F, Xuvenís M/F e Juniors M/F.

Para participar nesta iniciativa, que pretende contribuír a formación dos cidadáns, fomentar a participación de atletas de renome internacional e promover o territorio da Eurocidade, as persoas interesadas deben inscribirse nas instalacións da Piscina  Climatizada de Verín (Teléfono: 988-414184), no fax 988-411900, no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou na web www.ccp-outeiroseco.blogs.sapo.pt/

Todos/as os/as atletas que desexen participar nas categorías seniors e veteráns deberán inscribirse antes e aboar no momento da entrega do dorsal a cantidade de 3 euros; os/as que se inscriban no mesmo día pagarán 5€. No caso dos/as atletas federados/as deberán amosar a súa licencia, e os/as non federados/as, o seu D.N.I. ou outro documento oficial con fotografía no que figure a data de nacemento, sendo motivo de descalificación a súa non presentación canto así o solicite a organización. Todos as persoas inscritas deben presentarse no lugar de saída polo menos media hora antes do inicio de cada proba e os

Repartiránse premios monetários para as categorías Seniors M/F; Veteranas, Veteranos I-M; Veteranos II-M ; Veteranos III-M e Veteranos IV-M ata o décimo posto. Nas restantes categorías, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e medallas para os/as restantes atletas clasificados.