I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Imprimir
Xoves, 13 Agosto 2009 17:53

A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organizan o I Torneo Internacional de Xadrez, co fin de incentivar o intercambio social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre a “eurocidadanía”.


Os días 20 e 21 de agosto terá lugar unha competición interna para os/as alumnos/as do curso de xadrez organizado durante o verán na Biblioteca Pública Municipal de Verín, e os catro primeiros clasificados participarán neste torneo, que se celebrará o 24 e 25 de agosto, de 16 a 20 horas, nas instalacións da biblioteca de Verín -as semifinais serán o día 24, e a final o 25 de agosto-.  Para participar neste        I Torneo Internacional de Xadrez, no que colabora a Federación Galega de Xadrez, é necesario inscribirse na propia biblioteca ata o día 19 de agosto.

Ademais, dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín, o luns 17 de agosto realizarase unha actividade educativa e de convivencia entre nenos/as de ambas localidades, e na que tamén se programarán partidas de xadrez. Con esta actividade finaliza o I Curso de Xadrez, organizado por Servizos Sociais, dentro de programa de Voluntariado, e a Biblioteca Pública Municipal de Verín, e no que participaron un total de 15 alumnos/as. A realización de devandita actividade tiña como obxectivos: o desenvolvemento intelectual e persoal na formación dos menores, fomentar a cooperación da aprendizaxe e xogo en grupo, inculcar a empatía e propiciar a aprendizaxe/perfeccionamento dos participantes no obradoiro.

A entrega de diplomas acreditativos, deste curso de xadrez, e dos premios aos participantes do I Torneo Internacional terá lugar o mércores 26 de agosto, a partir das 11 horas, no salón de actos da Casa da Cultura.