Corenta nenos/as verinenses participan no campamento do Invernadeiro 2013 Imprimir
Venres, 23 Agosto 2013 13:27

Unha expedición de corenta nenos/as, con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, participarán do 26 ao 31 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadeiro 2013.

Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os nenos/as coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as e co entorno.

Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora,  estes/as rapaces/zas realizarán, a través do xogo e a diversión,  rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.