Xunta de Goberno Local Imprimir


A Xunta de Goberno Local intégrase polo Alcalde e un número de Concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno.
Corresponde á Xunta de Goberno Local:

  • A asistencia ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.
  • As atribucións que o Alcalde ou outro órgano municipal deleguelle ou lle atribúan as leis.


DELEGACIÓNS DO ALCALDE NA XUNTA DE GOBERNO:

A Alcaldía por Decreto do 04.7.2007 acordou:

Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións:

  • Aprobación dos padróns de exaccións fiscais, así como a resolución das reclamacións de altas e baixas en materia de tributos e prezos públicos, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos por calquera clase de concepto e recoñecemento de bonificacións nos tributos municipais e prezos públicos.
  • Resolución dos cambios de titularidade en auga, lixo e sumidoiro.
  • Aprobación das facturas de subministracións e obras e das certificacións de obras que se adxudiquen polos procedementos negociado e aberto (subhasta e concurso).
  • Aprobación de expedientes de subvencións por adquisición de parcelas, instalación de empresas e creación de emprego no polígono industrial de Pazos.
  • Aprobación de expedientes de modificación de créditos, agás os expedientes de incorporación de remanentes de crédito.

ÁMBITO DA DELEGACIÓN: a adopción dos actos administrativos con efectos xurídicos fronte a terceiros que poñan fin aos procedementos que teñan que ver coas atribucións que se delegan, incluída a resolución dos recursos que se interpoñan en vía administrativa.

VIXENCIA DA DELEGACIÓN: dende a data da presente resolución até a extinción do mandato da actual Corporación ou á da que se revogue por outra posterior.


DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

acordadas na sesión extraordinaria do Pleno do día 9 de xullo de 2007.

  • O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.
  • Aprobación de expedientes de subvencións por adquisición de parcelas, instalación de empresas e creación de emprego no polígono industrial de Pazos.
  • Aprobación de proxectos de obras e servizos, cando aínda non estean previstos nos orzamentos.
  • Establecemento ou modificación dos prezos públicos.


ÁMBITO TEMPORAL DAS DELEGACIÓNS: Dende o día seguinte ao da adopción do acordo polo Pleno, sen prexuízo da súa publicación no BOP, de conformidade co artigo 51.2 do ROF, até a extinción do mandato da actual Corporación ou até que se revogue expresamente polo Pleno.

FACULTADES QUE SE DELEGAN: A adopción de cantos actos administrativos sexan precisos para a tramitación e resolución dos procedementos en relación coas atribucións que se delegaron, incluíndo a resolución dos recursos de reposición que se interpoñan contra ditos actos.