Curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” en Verín Imprimir
Luns, 19 Setembro 2011 13:33

O Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín promover a realización do curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais”, que terá lugar entre os meses de setembro e decembro e no que tamén colabora a Xunta de Galicia. Ver Tríptico.


Devandito curso, dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, está dirixido a titulados/as universitarios/as, profesionais de educación e interesados en xeral. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.

O número de horas do curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” será de 40 (solicitados catro créditos de libre elección -2 ECTS- para alumnado da UNED e 2 créditos de libre configuración para a Universidade de Vigo). O prazo de matrícula, que ascende a dez euros, finaliza o 29 de setembro (a realizar na UNED o Educación Familiar -Casa da Xuventude. Avda. de Portugal, 11 bis-), e o mesmo terá lugar no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín (Polígono de Pazos-Verín) e no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.

As actividades previstas no curso son as seguintes:

Venres, 30 de setembro de 2011
(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- De 16 a 18 horas: conferencia a cargo de Patricia Gens Autrán, inspectora de Educación.
- De 18 a 21 horas: obradoiro  'Aportacións da psicoloxía evolutiva á praxe educativa', a cargo do profesor Miguel Guerra Rodríguez, profesor-tutor Educación Social UNED- Monforte de Lemos.

Sábado, 01 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- De 9 a 14 horas: obradoiro  'A psicoloxía da educación no século XXI', a cargo do profesor Miguel Guerra Rodríguez, profesor-tutor Educación Social UNED- Monforte de Lemos.

Venres, 07 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.
Sábado, 08 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- De 09 a 14 horas: obradoiro  'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultad de Educación Social UNED.

Venres, 04 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais con fillos adolescentes: contigo aprendín', a cargo de Isabel Saz Martín, psicóloga do programa SOS Adolescentes de Cuatro.

Venres, 11 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais e fillos en conflito', a cargo de Javier Urra Portillo, psicólogo, pedagogo, terapeuta e Primeiro Defensor do Menor.

Sábado, 12 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 12 a 14.30 horas: mesa redonda 'Os límites na educación dos/as menores: situación actual e perspectiva de futuro'. Modera: Javier Urra Portillo. Participan: Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, Fernando Alañón Olmedo, presidente da Audiencia de Ourense, José Manuel Ucha López, fiscal de menores, Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Venres, 18 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencias  'Educación intercultural e negociación de conflitos', a cargo de Américo Nunes Peres, Ciencias da Educación e delegado reitor UTAD-Chaves (Portugal), e 'A música como mellora das relacións interxeracionais', a cargo de Agostinho Diniz Gomes, Ciencias Didácticas Especiais/Expresión Musical e vicedirector Educación Básica UTAD.

Sábado, 19 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 9 a 11.30 horas: obradoiro  'Marco lexislativo en materia de menores, modelos de familia e acollemento residencial como recurso especializado de protección', a cargo de Sara Salgado Pérez, psicóloga do Centro de Menores de Montealegre.
- De 11.30 a 14 horas: obradoiro  'Os animais de compañía como elemento de integración, socialización e ensinanza de valores', a cargo de Roberto Estévez, psicólogo da Asociación Española de Antrozooloxía.

Venres, 2 de decembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Interculturalidade nas aulas', a cargo de José Losada Enríquez, educador social do Concello de Xinzo da Limia, e Luis Fernández López, director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.